Foto: Ministerio de Cultura Subdirección General de Museos Estatales

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 268
Clasificación Genérica Mobiliario cultual común; Cadeiras e reclinatorios; Escultura
Objeto/Documento Taboleiro
Título Santiago entre cipreses
Materia/Soporte Madeira
Técnica Baixorrelevo
Talla
Dimensiones Longo = 2,20 cm; Altura = 90 cm; Anchura = 64 cm
Descripción Relevo representando a figura de Santiago o Maior de medio corpo con indumentaria de peregrino ante unha paisaxe de dúas árbores. Veste ampla túnica de mangas, escote redondo e abotoada que se axusta á cintura cunha correa, e sobre ela un manto que describe abundantes pregues e que aparece recollido á altura de ambos os dous brazos. A cabeza está tratada con gran detallismo, cun tratamento minucioso do cabelo, da barba , boca, ollos e nariz, que lle outorgan un aparencia pensativa. Cóbrese cun sombreiro de aba ancha volta na fonte onde se decora cunha vieira naturista. Coa man dereita suxeita un libro pechado mentres que coa esquerda dun bordón de dobre pomo e gancho que chega á altura da cabeza. Colgando do costado esquerdo leva unha escarcela cadrada con tapa que se suxeita en bandoleira. Da correa que cingue a túnica colga unha vieira. Nun segundo plano, e centrando a figura do apóstolo, aparecen dúas árbores cos seus froitos.
Toda a decoración está coroada cun arco conopial.
Iconografia Santiago entre cipreses
Datación 1500[ca] (H. 1500)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Uso/función Mobiliario eclesiástico ou conventual. Posiblemente respaldo de cadeirado de coro ou crestería do mesmo.
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Santiago, Camiño de Europa. Culto e Cultura na Peregrinación a Compostela. Mosteiro de San Martín Pinario. Santiago,1993. - San Francisco. Peregrino y nuevo apóstol, Palazzo Bonacquisti, Asis (Italia), do 22 de agosto ao 20 de outubro de 2013.
Clasificación Razonada A representación de Santiago o Maior coñecida como "Santiago entre Cipreses" remóntase ao século XII. Unha das mostras máis temperás é a que decora actualmente a fachada meridional da catedral compostelá (Fachada das Praterías) onde Santiago, con indumentaria de apóstolo, se sitúa entre dúas árbores que se interpretan coloquialmente como "cipreses". O simbolismo desta representación é bastante claro e foi utilizado a miúdo cun fin reivindicativo. Ven lembrar que Santiago é un dos predilectos de Cristo, e como tal o acompañou a Cristo (xunto con Pedro e Xoán) na Transfiguración do Monte Tabor, primeira manifestación evidente da natureza divina de Xesús. Por este motivo, a Santiago o Maior non se lle debe dar un trato inferior ao que se lle outorga aos outros discípulos predilectos. Neste contexto compre ver os distintos episodios da reivindicación ante Roma da apostolicidade da sede compostelá.
A representación da fachada das Praterías da basílica compostelá, datable ca. 1110, sería un modelo a imitar. Non obstante hai outros exemplos lixeiramente anteriores como son o Capitel da Transfiguración e da Dúbida de Tomás procedente do claustro do priorato benedictino de La Daurade (ca. 1100) ou a placa da Porte Miègeville da basílica de Saint Sernin (ca. 1105), ambos os dous en Toulouse.
Bibliografía CHAMOSO LAMAS, Manuel. Museo de las Peregrinaciones. Exposición inaugural: imaginería jacobea, orfebrería y otras artes, relacionadas con el culto a Santiago en Galicia, Año Santo compostelano, (Catálogo da exposición inaugural celebrada no Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, xullo-outubro 1965), Comisaría de la 1ª Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Naciona. 1966. 102-103, nº 9.

MORALEJO ÁLVAREZ, Serafín. Santiago peregrino [Relevo]. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. pp. 495-496.

Pellegrino e nuovo apostolo: San Francesco nel Cammino di Santiago, Palazzo Bonacquisti, Assisi, dal 22 agosto al 20 ottobre 2013. Singul, Francisco(dir). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2013. Cat. páx. 582; fig. páx. 223.

Santiago Apóstolo dende a memoria: Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 24 de xuño - 31 de agosto, 2004, Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, 14 de setembro - 30 de decembro, 2004. García Iglesias, José Manuel(dir). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. p. 273.
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |

Foto: Ministerio de Cultura Subdirección General de Museos Estatales

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6